O vindeiro venres 1 de marzo festexámo-lo entroido. Este ano dedicámolo ao mar, por iso, temos que vir disfrazados de estrelas de mar, piratas, mariscadoras, redeiras, submarinistas,... Seguro que os vosos disfraces serán super orixinais.
O horario do colexio será de 10:00h ata as 13:00h.
Faremos unha degustación de productos típicos do entroido. Agradeceríamo-la vosa colaboración.
CEP Plurilingüe de Carreira
Rúa Pé do Corniño, S/N CP 15967 Carreira (San Paio) Telf: 881 866 351 cep.carreira@edu.xunta.es
xoves, 28 de febreiro de 2019
UNIDADE DIDÁCTICA DE BAILE
Durante as últimas dúas semanas, nas sesións de Educ. Física realizamos unha unidade didáctica de baile deportivo e baile en liña (line dance).
En quinto e sexto inicíaronse no baile deportivo, incluíndo modalidade stándard, coa práctica de vals ingés e vienés; e latino a través da rumba e o cha-cha-cha; e en terceiro e cuarto baile en liña (line dance).
Para isto, contamos coa colaboración dun bailarín profesional (Francisco Muñiz) e unha axudante (Lola).
Todos estes alumnos convertíronse por un día en bailarines profesionais.
Aquí tedes a proba!

luns, 11 de febreiro de 2019
CARETAS ENTROIDO
O día 6 de febreiro algúns integrantes da asociación AMBAR viñeron a ensinarnos a facer caretas para o entroido. Aquí temos unha mostra.
Moitas grazas a todos, esperamos que volvades pronto con outras actividades!
DIA DA PAZ
Festexamo-lo día da paz facendo este fantástico mural "Navegando pola paz".
O alumnado de 3,4,5,6 tamen fixemos actividades para fomentar a boa convivencia e a amizade.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)